Thursday 16 de May de 2024

Fabiola García desexa unha felices festas ao persoal e usuarios do centro residencial García Hermanos en Betanzos


A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, estivo hoxe co persoal e usuarios do centro residencial García Hermanos en Betanzos, aos que desexou unhas felices festas e os seu mellores desexos para o ano que vén.

Fabiola García sinalou que no 2024 a atención aos maiores e persoas con dependencia seguirá sendo un dos eixes centrais para a Xunta de Galicia. Neste sentido, sinalou que o Executivo autonómico fíxase entre os seus obxectivos seguir mellorando os coidados e atencións neste ámbito, consolidando todo o feito ata agora e poñendo en marcha novas medidas como o Bono Coidado no Fogar ou o complemento ao Bono Residencia.